DAKIDARRIA, estrenan el vídeo de su nuevo single “En Compostela”

Artista: DAKIDARRIA
Canción: En Compostela
Álbum: Lume (Maldito Records, 2017)
Maldito Records (c)

“Xusto aquí
foi onde medraron as bolboretas
que foron xuntando as letras
da nosa revolución

Foi xusto aquí,
no campo no que xogan as estrelas
e onde as pedras molladas berran que hai unha guerra que non rematou

Onde a ilusión da primeira asemblea
regala miradas que incendian
as noites eternas nas que non queremos durmir

Entre sucios apuntes
e fume furtivo
Tragamos o medo,
pasamos á acción,
e dixemos que non.

Foi xusto aquí, en Compostela

Resistir
neste obradoiro da identidade,
construíndo realidades que quixeron desaloxar.

Xunto a ti
en centros sociais e facultades
que son epicentro dun combate que non sae nas fotos das súas postais

Cae o sol o 24 de xullo,
traemos a terra nos puños,
o lume nos beizos
e a brisa do mar nos pulmóns

E lémbrome de min
baixo eses soportais
Mirando na rúa ós paraugas
berrar nunca mais!!

Un labirinto de sentimentos dentro de min
Ó baixarme dese tren,
volven os bicos, bagoas e sorrisos,
vellas amizades e aquela canción que na tua habitación escribimos xuntas.

EN COMPOSTELA!”

Créditos:
Música e letra: Dakidarría
Producción audiovisual: Deica audiovisual
Zanfona: Antón Seoane
Gravado en SantaCruz estudios (Oleiros, A Coruña) por Alberto Castro e Miguel Bretal.
Producido por Javier Abreu.

Mas videos —— Rockanimal.es/videos